Esta fin de semana, desde o sábado 28 ata o luns 30, o Club Natación Vigo Rías Baixas desprazou a catro deportistas ata Pontevedra para disputar o Campionato Autonómico de maior importancia en piscina de 25 metros.
Todos con obxectivos diferentes na cabeza:
• Adrian Gándara, acabando a súa carreira sacou tempo para poder desprazarse cos seus compañeiros e botar unha man. Sen estar no seu mellor estado de forma pero colaborando e disposto a crear un gran ambiente de grupo.
• Nina Rodríguez e Pedro Castro que nun ano duro academicamente falando, sacaron tempo das pedras para poder competir e mesmo facer mellores marcas persoais. Todo un exemplo!!!
E por último Mario Mendez, que competiu de marabilla, mellorando todas as súas marcas e consolidando o bo estado de forma xusto nas últimas competicións, chegando mesmo a quedar a tan só dúas décimas da mellor marca galega de 16 anos, toda unha
Estamos orgullosos todos eles. O único que queda dicir é … Parabéns e Feliz Ano Novo a todos!!!
Aupa Rias???