Finalizado o campionato galego de longa distancia, imos cun estupendo sabor de boca. Pola mañá, Carmen Blanco debutando no 2000 e tratando de vencer os nervios de nadar por primeira vez este tipo de probas. Moitas cousas positivas e moitas cousas por aprender, @teniendo en cuenta o carácter competitivo de Carmen, estamos seguros de que a evolución pode ser moi grande e depararanos moitas alegrías.
Mario nadou pola tarde o 3000. Saíndo desde o primeiro metro a liderar a proba, pelexando duramente e sen pensar no que quedaba . Tanto é así, que a partir do 1500 quedou só, pero seguiu pelexando como un jabato para conseguir un PRIMEIRO posto excepcional, e unha marca (32:28.90) que o poñerá entre os primeiros postos na clasificación nacional da súa idade.
Parabéns polo voso traballo e a seguir pelexando!!!!!
AUPA RIAS!!!!???
AUPA RIAS!!!!???